Ao longo deste trimestre cada neno/a elaborou o seu libro "O MONSTRO E O LIBRO DAS CORES".
Cada páxina do libro estivo adicada a unha cor e, cada cor, foi asociada a unha determinada emoción.
Para a súa elaboración empregamos diferentes técnicas e materiais.
VERMELLO: pintar raias cos dedos e pegar plumas.
AMARELO: pegar gomets e purpurina.
VERDE:estampar co selo de follas e pegar purpurina.
AZUL:trazar raias con cera branda de cor branca e despois pintar con acuarela azul por encima, para descubrir os trazos realizados.
ROSA: pegar algodón e pintar por encima empregando témpera rosa e pipetas contagotas.
NEGRO: pintar de negro o fondo da páxina. Despois, cortar papeis negros cos dedos e pegalos.
0 comentarios on "O LIBRO DAS CORES"
Publicar un comentario