No💚DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO💚, que se celebra cada 23 de febreiro, recibimos do Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) unha fermosa árbore de madeira, feita polo Centro Ocupacional de Vilalba, que os nenos e nenas da escola decoraron con folliñas acorazonadas.
domingo, 1 de marzo de 2026
domingo, 9 de marzo de 2025
DÍA DE ROSALÍA (23 de febreiro)
Co gallo do💜DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO💜, os nenos e nenas, decoraron unha réplica do mural situado na rúa Conde Pallares, no entorno da torre dos Andrade, obra de Pablo Lage.
domingo, 25 de febrero de 2024
DÍA DE ROSALÍA (23 DE FEBREIRO)
O venres pasado, no día do seu aniversario, celebramos a Rosalía e o seu legado.
Todas as clases traballaron na creación do mural adicado á escritora e achegámonos a súa vida e obra grazas aos Bolechas.
miércoles, 8 de febrero de 2023
PLANTANDO A ROSALÍA...
Hoxe, membros do Centro Ocupacional de Vilalba, acudiron á escola para axudarnos a "plantar" os pensamentos de Rosalía de Castro.
Cada un dos nosos pensamentos colocaranse, no parque de Rosalía de Castro de Vilalba, o vindeiro 23 de febreiro coincidindo co DÍA DE ROSALÍA.
Grazas ao IESCHA (Instituto de Estudos Chairegos) por contar coa nosa escola para esta actividade.
viernes, 4 de marzo de 2022
SEMPRE ROSALÍA (23 DE FEBREIRO)
O pasado 23 de febreiro conmemorouse o DÍA DE ROSALÍA. É a primeira vez que se celebra nesta data xa que, a nova documentación atopada, acredita como data do nacemento real de Rosalía de Castro o día 23 de febreiro e non o 24.
Coa colaboración de todo o alumnado da escola, elaboramos este mural coa flor favorita de Rosalía: o pensamento.
En cada pétalo, cada curso, escribiu unha frase ou estrofa dalgún poemas de Rosalía. Na nosa clase escollemos:"AIRIÑOS, AIRIÑOS AIRES".

























