No "DÍA DA MULLER" @s peques de 4 anos, relacionando esta data co tema do proxecto trimestral, converteron ás mulleres máis importantes das súas vidas en protagonistas dun cadro de Miró: "MULLER CUN BONITO SOMBREIRO".
Actividades previas:
- Coas fotos das mamis, xogamos a quen é quen? Cada nen@ tiña que describir a súa mami (pelo: cor, lonxitude,peiteado; gafas ou non; expresión facial...) e os compis tiñan que adiviñar cal era a mami que correspondía coa descrición.
- Despois repartimos a cada nen@, unha tarxeta co nome dunha mamá. Tiñan que ler ou intentar ler con axuda da profe; dependendo do nivel de cada un, e asociar o nome á foto correspondente.
Actividade final:
- Versión das nosas mamás con bonitos sombreiros.
0 comentarios on "DÍA DA MULLER ( 8 DE MARZO)"
Publicar un comentario