miércoles, 17 de mayo de 2017

"LETRAS GALEGAS 2017"

Publicado por Marta en 8:22
Hoxe, 17 de maio, festexamos o día das nosas letras, este ano adicado a Carlos Casares.


Durante as semanas previas a esta conmemoración, o Equipo de Normalización Lingüística do cole estivo preparando un recuncho adicado a este escritor no edificio de Primaria, con todas as aportacións do alumnado e as súas familias.

Neste recuncho, estiveron presentes os dous contos de Casares aportados polos nosos compis Enzo e Adri: "A galiña azul" e "Lolo anda en bicicleta" (contos lidos tamén na clase).


Os nenos e nenas de 3 anos, colaboramos na decoración do recuncho cunha imaxe de Carlos Casares.



  
Onte pola mañá visitamos a biblioteca e alí a profe Sara explicounos, mediante un vídeo feito polo alumnado, pinceladas da vida e obra de Casares.
 

Despois, no recunho do escritor, vimos os materiais aportados e lemos "A galiña azul".



E para rematar a xornada...na sesión da tarde, desfrutamos da actuación de baile e pandeireta. 






1 comentarios on ""LETRAS GALEGAS 2017""

Mamá de Enzo on 19 de mayo de 2017, 17:42 dijo...

En casa non quixo léelo,pero despois quixo levalo porque xa llo ia leer Marta...juju...encantado e encantados de ter unha Marta,gracias por enseñarlles tanto e sobre todo porque disfruta mais ainda...😋

Publicar un comentario

 

Cole de colores Copyright © 2009 Paper Girl is Designed by Ipietoon Sponsored by Online Business Journal